voutersorte

Outro blogue en blogaliza.org

visita ARION- TOULON- nov12-16-2007

Filed under: Sen clasificar — 4 Decembro 2007 @ 1:37 a.m.

MEMORIA DAVISITA ARION SOBRE O FRACASO ESCOLAR CURSO 07/08  

  Toulon A Visita de Estudio Arión tivo lugar en Toulon (Provenza -Francia) durante os días 12,13,14,15 e 16 de novembro. Tiña como título: EGALITÉ DES CHANCES ET RÉUSSITE SCOLAIRE: L’ECOLE PEUT-ELLE GOMMER LES INÉGALITÉS SOCIALES? ( Igualdade de oportunidades e éxito escolar. ¿Pode a escola borrar as desigualdades sociais?)

 Estaba organizada para directores, inspectores e responsables da orientación.

Os obxectivos eran coñecer os dispositivos que teñen os establecementos franceses para loitar contra a desigualdade social (dispositivos  institucionales e tamén locales).

Como ben sabemos  as desigualdades sociais se atopan na escola e sen embargo esta ten como finalidade dar as mesmas oportunidades a todos.

O primeiro punto de estudio foi saber como se manifestan estas desigualdades e  coñecer os dispositivos institucionales para loitar contra esas desigualdades, saber as respostas dos institutos e das escolas primarias  e coñecer a súa eficacia.O mesmo tempo tamen coñercer as medidas administrativas e locais.E a labor da orientación escolar e profesional en Francia.

Visitamos os seguintes centros:

-Lycée Bonaparte-Collège Maurice Genevoix-Ecole Longepierre-Collège B.Albrecht à Sainte Maxime-Lycée Hôtelier-Lycée Professionnel Cisson

 Como conclusións máis salientables podemos sinalar:

1.- Existen no Lycée Profesional de Cisson unha experiencia  na clase de inglés de agrupamentos por  niveis de competencias que lles funciona moi ben.

2.- No  Lycée Bonaparte por ser un centro con alto índice de fracaso escolar teñen tres “Asistentes Pedagóxicos” que son profesores sin oposicións  contratados polo centro para axudar ao alumnado que o precise e fora do horario escolar.

3.-No Collège B Albrecht observamos  unha clase que utilizaba as novas tecnoloxías TIC facilitando o alumnado actividades de diferentes niveis de dificultade , deste xeito se personalizaba o traballo, e os alumnos tiñan un aprendizaxe autónomo e o seu ritmo.

4.- No centro de primaria “Ecole Longepierre”sorprendeunos que o 75% do alumnado fora de orixen estranxeiro e fundamentalmente de orixen magrebí. Tiñan moitos programas de axuda ao alumnado e profesorado especializado nas dificultades de aprendizaxe pero o que máis nos chamou a atención fou que os sábados tiñan a escola aberta as familias con actividades donde estas participaban con seus fillos e tamén era o momento de falar  cos profesores .

5.- Sorprendeunos tamen a grande variedade de “becas e axudas económicas de todo tipo” para o alumnado desfavorecido , comenzando con unha dotación especial o centro  por cada alumno e despois ós alumnos e as familias individualmente.


dscn0019.JPG

Máis información: WWW.onisep.fr

                              www.education.gouv.fr

                              www.cohesionsociale.gouv.fr

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.