voutersorte

Outro blogue en blogaliza.org

MEMORIA DO SEMINARIO DE CONTACTO LEONARDO DA VINCI

Filed under: Sen clasificar — 30 Decembro 2008 @ 11:23 p.m.
                                              MEMORIA DO SEMINARIO DE CONTACTO LEONARDO DA VINCI

        
        Celebrado en: Bruxelas do 19 ao 23 de novembro 2008
        
        Título de Seminario: ” Sustainable Development” ( Desenvolvemento Sostido)
        
        Asiste: Angeles Piay Guiance (Orientadora CIFP SOMESO)
        
( Realizarei a memoria seguindo o programa de actividades.)

MÉRCORES 19 DE NOVEMBRO

Este foi o día de chegada dos participantes ao Hotel Bedford en pleno centro de Bruxelas. Neste mesmo hotel terían lugar todas as charlas e sesións de traballo.
Ás 19 horas o Director da Axencia Nacional de Bruxelas ( aef-Europe) deunos a benvida.
Seguidamente tivo lugar un encontro informal entre os asistentes, cada país tiña un lugar(mesa ) onde expoñía todo o material informativo do seu país, cidade e centro educativo ou institución que representaba. Os participantes achegábanse libremente a cada mesa e charlaban cos representantes deses centros ao mesmo tempo que degustaban algún produto típico da localidade.
XOVES 20 DE NOVEMBRO

ÁS 9 h. iníciase o seminario de apertura oficial por Mr Albert RENARD ( Director de AEF-Europe). Explícanos moi brevemente todo o referente á estrutura dos distintos programas das Axencias Nacionais: LdV ( Leonardo da Vinci) ,Grundtvig, Erasmus etc.
 
 Ás 9.15h. tres profesores do AEEF-Europe expoñen cada un dos programas.
Faremos un breve resumo destes.
       PROGRAMAS GRUNDTVIG:
Teñen como obxectivos mellorar as competencias dos adultos e a educación permanente para adaptalos á constante evolución do mercado laboral, vai dirixido a todo o público pero sobre todo aos grupos máis vulnerables(parados, inmigrantes etc).
Poden participar adultos tanto do sector formal como non formal da educación asi como os sectores educativos informais. Os programas duran 2 anos. Mínimo 3 socios de 3 países diferentes da Comunidade Económica Europea.
Existen “Bolsas ou Bolsas de formación continua”, a modalidade Prácticas Grundtvig de duración 1 ano, os talleres Grundtvig son talleres de 1 ano de duración. O Voluntariado Senior para adultos de máis de 50 anos é un tipo de aprendizaxe informal.
      PROGRAMAS LEONARDO DA VINCI:
Ten como obxectivos mellorar a calidade da FP, promover a transparencia nas competencias e as certificacións, así como favorecer a mobilidade de profesorado e alumnos por Europa.
Vai dirixido aos mozos que estudan formación profesional ( nivel inicial e medio) ás persoas que buscan un emprego e aos profesionais do ensino da formación profesional.
As MOVILIDADES favorecen a oportunidade de mellorar a súa formación profesional noutro país de Europa.Para alumnos e para profesionais.
Os SOCIOS poden realizar Proxecto de Innovación con oportunidade de cooperación con outro país, etc.
Nos Proxectos Multilaterais deben ter un mínimo de 3 socios de 3 paises europeos distintos. Duración do proxecto 2 anos. Os resultados poden ser do tipo: realizar unha plataforma elearning focalizado nun tipo de aprendizaxe determinada e a un público determinado, crear un laboratorio virtual de adestramento, crear módulos de aprendizaxe e ferramentas de aprendizaxe ( DVD, video conferencias etc).

   

Ás10 h. Ms Isabella LIVOTI de AEEF-Europe dános unha importante información práctica  sobre o desenvolvemento do seminario de contacto e da súa temática central: ” O desenvolvemento sostible”.
    Ás 11 h. teñen lugar dúas importantes charlas sobre o tema central” O desenvolvemento sostible”, realizadas por:
Mr Hadelin de BEER de LAER ( Presidente do Servizo Público Federal en Desenvolvemento Sostible)
Ms Annie DE WIEST ( Directora de Desenvolvemento Sostible Ministerio da Comunidade francesa de Bélxica)
En 1883 deuse a primeira definición de Desenvolvemento Sostible como: “Un desenvolvemento que responde ás necesidades das xeracións actuais sen comprometer o desenvolvemento das xeracións futuras”.
Despois de mostrarnos diversas estatísticas sobre o desenvolvemento e degradación do medio nos distintos países… etc, chegouse á conclusión de que é urxente e necesario educar en desenvolvemento sostible en todos os niveis educativos xa que o futuro da humanidade esta en xogo.

A seguinte conferencia que tiña por título “Comprender para mobilizarse” e o seu lema era:
” Suficiente para todos e de todo para sempre”. Fai especial fincapé en que é necesario xestionar as necesidades e os recursos.
O plan de acción consistiría en: “Dinamizar ao máximo o rol da educación”, ela debe superar as materias e as competencias para servir de fío condutor na formación de individuos que serán cidadáns activos o día de mañá. Os obxectivos da aprendizaxe en desenvolvemento sostible deben, non soamente englobar os coñecementos e as competencias, senón tamén os comportamentos e os valores. Esta aprendizaxe ten especial interese no desenvolvemento das dimensións persoais, sociais, culturais filosóficas e políticas.Pero existen unhas dificultades que son:
-AUSENCIA DE DEFINICIÓNS COMÚNS
CONFUSION ENTRE DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE E EDUCACIÓN AMBIENTAL
-RIXIDEZ NOS SISTEMAS DE ENSINO
-FALTA DUN ENCADRE INSTITUCIONAL

   Á 1.30 h. da tarde ten lugar o primeiro traballo en grupo.Realízase un BRAINSTORMING para realizar os posibles grupos de traballo.
Cada participante escribía nunha nota o título ou aspecto que desexa desenvolver no seu futuro proxecto. Agrúpanse por afinidade e finalmente englóbanse nun só título.
No primeiro encontro do noso grupo inicialmente eramos oito posibles socios interesados na BIOCONSTUCCIÓN.
 

 

 

   Finalmente fomos seis posibles socios: dous de Bélxica unha socia ( Agnes) dun centro de Formación profesional e un socio(Manuel Ribeiro) do centro de coordinación e xestión dos programas europeos, un socio(Laurent Dedieu) de Toulousse( Francia) dun centro de ensino a distancia LENO, unha socia que funcionará como “Coordinadora do proyecto”(Sarah Wright) de U.K-Gales dun centro de Formación Profesional Local, un socio(Paul) da Alsacia ( Francia) dun Liceo Polivalente con formación profesional e técnica, BTS,BOP e tamén con adultos.
Ás 15.15h. saímos para visitar unha interesante exposición titulada: ” A nosa terra”.Exposición moi sensibilazora do cambio climático, a contaminación, o gasto de enerxías non renovables etc…
www.expo-terra.be

VENRES 21 DE NOVEMBRO

  Ás 8.30 h. iniciáronse os traballos dos grupos para o desenvolvemento do posible proxecto, e a continuo traballando ata a tarde nun total de 4 sesións. Despois de cada sesión tiñamos charlas de distintos relatores que nos axudaban a aclarar conceptos e puntos importantes do proxecto.

 

 

 

 

Tamén escoitamos unhas presentacións de proxectos xa realizados como:
-Hélène WILDETRS ( Actividades no sector da auga: situación en Walonia)
-Carolina BINI ( Grupo un) Presentación dun módulo pedagóxico de concienciación e preparación en desenvolvemento sostible.
-Mariña GRUSLIN ( Haute Ecole Charlemagne)
CERISE: Un adestramento educativo para o desenvolvemento sostible baseado na saúde e as interaccións co ambiente.SÁBADO 22 DE NOVEMBRO

 Ás 9.00 h. realizamos a 6ª reunión de traballo en pequenos grupos para finalizar as líñas prioritarias do proxecto, redactandoas nunha folla formulario para este fin e que resumirei a continuación:
1. -Breve resumo do Proxecto. Metas e obxectivos:

 BIOCONSTUCCIÓN. Explorar as prácticas que se realizan nos diversos países socios e facer recomendacións para mellorar a preparación de profesionais en bioconstrucción. Facer fincapé nos materiais de construción para un desenvolvemento sostible e que eviten o impacto no medio.O grupo matriz do proxecto estará formado polo profesores do ámbito da construcción, departamentos do centro, alumnos e profesores. 

 2. – Razóns para a realización deste proxecto:Crear un catálogo de boas prácticas de desenvolvemento sostible en construción.
Preparar os socios de cada país socio, nas habilidades necesarias para formar futuros traballadores,  coa fin de reducir os impactos ambientais producidos pola construción.

3. -¿Cales serán os resultados?
Mellorar o coñecemento en materiais de bioconstrucción para un desenvolvemento sostible entre os socios do proxecto, así como ideas e métodos de traballo para desenvolvelo na formación de futuros profesionais.

 

4. -¿Que socios formarán parte do proxecto?
U.K. – Gales: Ymlaer Ceredigion. Instituto de Formación Profesional. Traballan con VET locales.( VET = Formación Profesional Inicial )
Bélxica- Bruxelas: Centro de tecnoloxías avanzadas e preparación de profesorado.
Francia- Toulousse: Compañía privada de ensino a distancia.
Finlandia – Kokola: Instituto de Formación Profesional.
España-a Coruña: Centro Integrado de Formación Profesional SOMESO.5.- ¿ Como será levado a cabo o proxecto? Actividades, desenvolvemento do proxecto e avaliación.
Principalmente con movilidades entre os socios para realizar encontros de traballo e coñecer como se traballa en cada país o desenvolvemento sostible en construcción.
Ao mesmo tempo haberá un intercambio de información, actividades e metodoloxía para desenvolver nos procesos de ensino-aprendizaxe en cada país socio.
Finalmente haberá unha avaliación ( por medio de cuestionarios, entrevistas etc) dos resultados realizadas polos mesmos socios nos seus respectivos centros e con alumnos etc.
  Ás 10.30 h. realizouse a presentación dos futuros proxectos Leonardo e Grundtvig, entre os que podemos destacar: 
 PLANET. Proxecto para nenos e adultos con handicaps. Trátase de facerlles chegar información e actividades para contribuír a un Desenvolvemento Sostible do planeta.
Bioconstrucción. Intercambio de experiencias e actividades para formadores da construcción.
Relación cultura-traballo co desenvolvemento sostido.
Adaptar a metodoloxía en desenvolvemento sostible nas ensinanzas de Turismo.
Desenvolvemento Sostible – Elaboración de curriculum para estudantes universitarios e en profesionais das carreiras de Traballadores Sociais etc.
Ensinar Sostenibilidad nun contexto vocacional.
Mellorar as linguas estranxeiras en Desenvolvemento Sostible.
Educación Creativa: O PLANETA ESTA ENFERMO. ¡ SALVEMOS O PLANETA!
Ecoconstrucción.Proyecto Grundtvig para Formación Profesional e Formación Profesional continua. Organizacións non gobernamentais de Polonia, Romanía etc.
 Ás 12 h ” Conclusións do Seminario” realizadas por Ms SUZY Vercammen de la Agencia Belga.
DOMINGO 23 ( Regreso aos nosos respectivos países) 

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.