voutersorte

Outro blogue en blogaliza.org

VISITA O FORUMORIENTA-VIGO-ABRIL 2008

Filed under: Sen clasificar — 13 Abril 2008 @ 10:05 p.m.

picture205.jpg   O FORUMORIENTA EN VIGO FOI UN ÉXITO

     Do IES Miraflores partiron  para Vigo, o sábado 12 de abril, as 8.30 da mañán, 21 alumnos/as e  a profesora orientadora. Nun principio o viaxe estaba previsto para 47 alumnos/as de 1º e 2º de BAC pero o día anterior confirmouse a asistencia de 22 alumos/as. Foi unha pena non poder ofertalo para os 4º da ESO, pois a información que se ofreceu  neste FORUMORIENTA  sería de gran utilidade  non só para o alumnado que se dirixía hacia os estudios universitarios senón tamen os que pensan facer unha FP.

 O cuestionario realizado polo alumnado participante sobre a avalición da visita indicanos que foi moi positiva para todos . Coinciden en que conseguiron unha  boa información sobre as PAU e sobre as Universidades galegas en xeral (pois alí atopábanse a representación de tódolos campus coa súa respectiva oferta de titulacións). Así mesmo viñeron moi contentos coa mostra da Formación Profesional. Alguns incluso descubriron ciclos de FP que descoñecían. E tamén coñeceron as posibilidades de “Formación  o longo da vida”, e todo o referente a BECAS, ERASMUS etc.

Pero ademáis dos distintos “postos informativos” , houbo charlas moi interesantes tanto para o alumnado como para as familias ou profesorado. As charlas tiñan por temáticas entre outras: As probas de Acceso a Universidade(PAU), O ensino superior de Galicia, Química viva, Alcohol-tabaco-drogas, o traballo despois da Universidade etc.

  Tampouco faltaron os concertos de Jazz/percusión, Teatro e deliciosas “degustacións” de canapés e pasteliños feitos polo alumnado de FP de Hostelería de Vigo.

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.