voutersorte

Outro blogue en blogaliza.org

CLUBE DE LECTURA 1º ESO-IES MIRAFLORES CURSO ESCOLAR 2007-08

Filed under: Sen clasificar — 19 Febreiro 2008 @ 12:35 p.m.

   

CLUBE LECTURA : “A LECTURA E BOA PARA COÑECER OUTROS MUNDOS”

    Este clube iníciase para o alumnado de 1ºESO coa intención de fomentar a lectura desde o primeiro curso da  ESO e facer que se mellore igualmente na velocidade lectora  e se anime todo o alumnado incluido aqueles aos que non lles gusta a lectura.

  As reunións do clube terán lugar no  segundo recreo dos venres no salón de actos(por ser moi numeroso o clube consideramos é o mellor lugar) .

Obxectivos:

– Escoller un libro e lelo. No centro e na  casa o tempo que se necesite.

-Mellorar a velocidade  e comprensión lectora ( segundo unhas pautas dadas pola orientadora)

-Facer un resumo do libro lido.

-Poder aportar libros persoais para intercambio lector no clube ( ao final de curso devólveselle).

– Conseguir puntos por libros lidos e aportados ás lecturas do clube.

-En xuño farase o cambio dos puntos por premios.

– O premio final para todos os membros do clube será a organización dun día de excursión a Portugal.

  

Funcionamento:

  Como xa  tivemos aceptación do clube por parte da  Consellería de Educación mercamos libros de lectura para os alumnos que posteriormente formarán parte da Biblioteca.

  

      O día 25 de xaneiro tivemos o primeiro encontro cos alumnos interesados en formar parte do clube de lectura do primer curso da ESO. A miña sorpresa foi enorme ao comprobar que moito

 alumnado estaban interesado,ao redor de 40. Expliqueilles a finalidade do clube e tamén soliciteilles a súa participación na selección dos libros.

      O día 1 de febreiro foi a seguinte reunión onde aportaron os títulos dos libros que máis lles interesaba.

      O día 8 foi a entrega dos libros ao alumnado interesado .

      O  día 15 será a próxima reunión e os alumnos deberán traer o libro e comentaremos  as lecturas. Os que rematasen poder facer a ficha resumo.

      Os seguintes venres no SEGUNDO RECREO NON ESQUEZADES A CITA CO CLUBE!!!!!

                                  ANGELES PIAY (Orientadora e responsable do clube de lectura1ºESO)

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.