voutersorte

Outro blogue en blogaliza.org

VI ENUENTRO ESTATAL DE ORIENTACIÓN INNOVACIÓN Y BUENAS PRÁCTICAS.Bilbao11-13 ma

Filed under: Sen clasificar — 19 Maio 2012 @ 2:47 p.m.

 

É difícil tarefa
resumir o encontro de Bilbao tanto pola diversidade de conferencias e comunicación como polas ricas aportacións das mesmas.

A   conferencia de apertura foi de María
José  Díaz Aguado e levou por título:”Importancia de la orientación para la mejora de la convivencia en los centros educativos”

Unha vez máis falouse de que hai que intervir en prevención, hai que mellorar a convivencia
para previr o fracaso escolar  e oabandono escolar temperán.Tamén mencionou a importancia do amor por aprender e
isto transmítese por medio das  “hormonasespello”, isto pódese explicar do seguinte xeito: si os profesores senten medo diante  dos seus alumnos, transmitirán ese medo, perose senten paixón polo que ensinan  e confianza nas posibilidades do alumnado, o alumnado séntese contaxiado por esa
mesma razón. Falou así mesmo da “eficacia educativa” das sancións, isto é moi importante pois as sancións deben levar consigo un programa educativo minucioso
e dirixido por especialistas. A mellor sanción é a reparadora.

Deu 15 recomendacións que non mencionarei pero que non tiñan desperdicio, e podedes
ver o PDF da conferencia.Maria J.Diaz Aguado

Houbo mesas
redondas moi interesantes como a de “Innovación y buenas prácticas en
orientación y convivencia” nesta, puidemos coñecer de primeira man os ganadores
dos premios de innovación como o proxecto “DELUYANDO por los demás” de Fermín
Izquierdo  e a experiencia do  IES “Villa de Vallecas” (Madrid). Os premios
Educaweb de : “Cuadernos de Orientación para estudiantes “ de APOCLAM,
“Orientaguía: Bloguia para la orientación”…etc.

Na charla
coloquio sobre “Retos educativos de la atención al alumnado con n.e.e” contamos
coa participación de Pablo Pineda ( Mestre e actor) co que falamos no descanso  e fixemos una foto que podedes ver.

 

Houbo moitas e
interesantes comunicación distribuídas en 8 bloques temáticos, a vocal de
secundaria de APOEGAL (Angeles Piay)presentou unha comunicación titulada:”La
orientación una herramienta clave para la educación de hoy en día”

Non quero cansar
mencionando tódalas ponencias pero só dicirvos que a conferencia de clausura
foi  a cargo de Franceso Tonucci (FRATO)
e non nos decepcionou. Tamén os deixamos o PDF desta conferencia.F.Tonucci

Pero o mellor de
todo foron as CLOWNCLUSIONES  con
Virginia Imaz que nos fixo rir e reflexionar o mesmo tempo sobre todo o
alí  tratado.

Pero se non puidestes
ir e quedastes con pena  podedes intentar
ir ao próximo encontro en CUENCA pois tamén promete, será por maio do 2013.E
non esquezades o CONGRESO en BARCELONA tamén para o 2013.

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.